Os homenaxeados son José Vázquez Cupeiro, Andrés Eliseo García-Bouso, Valentín Izquierdo, Pedro Rodríguez e Isabel Gómez. Os tres primeiros levaban máis de 30 anos traballando no Concello. Na comida homenaxe participaron medio centenar de persoas, entre as que houbo traballadores e ex traballadores municipais e representantes políticos actuais e de anteriores corporacións ribadenses. Cada un dos cinco homenaxeados recibiu unha placa, que lles foi entregada polo alcalde, Fernando Suárez, e tamén un obsequio personalizado dos seus compañeiros.