Burela, 30 de xuño, 2022. Despedímonos de Bea Mateos, xogadora co número 14 ás súas costas e que chegou a lucir o brazalete de capitá das Guerreiras Laranxas.
Tras 9 anos co clube, Bea Mateos demostrou contar cunha calidade de xogo única. Cunha visión de xogo que a fixo brillar como capitá, a xogadora no posto de á-peche estivo presente en 18 títulos do club, entre os que destacan a vitoria do Pescados Rubén Burela FS na Futsal WEC, a Champions de fútbol sala que fixo que o club se convertese no campión de Europa, así como ligas, copas e supercopas.
Xunto a ela celebramos grandes éxitos, incluíndo os dous anos consecutivos nos que o equipo foi nomeado o Mellor Club Feminino do mundo nos premios Futsal Awards.
Desde o clube agradecemos todo o traballo que Bea Mateos realizou nestes anos, destacando tanto a súa calidade de xogo como esas ganas de seguir sumando éxitos. Desexámoslle moita sorte no seu futuro profesional. Sempre serás unha Guerreira Laranxa.