Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro interésase no Parlamento polas medidas de apoio da Xunta á viabilidade da fábrica de Aluminio de San Cibrao

Compostela, 20 de xuño, 2022. O deputado formulará unha pregunta mañá na Comisión de Industria do Parlamento de Galicia.

O popular salienta que o Goberno galego “fai os seus deberes” e cumpre os compromisos adquiridos cos traballadores e agarda un empeño similar por parte do Goberno central “pois a asignatura pendente segue a ser garantir un prezo eléctrico competitivo”.

José Manuel Balseiro, veciño da localidade, quere saber en que consiste -máis polo miúdo- o plan apoiado pola Xunta para mellorar a eficiencia enerxética na planta que permitirá ampliar os espazos nos uqe se substitúe o consumo de fuel por gas natural, co conseguinte aforro

O novo director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, será o encargado de responder á pregunta formulada polo parlamentario popular

Exit mobile version