“Os nacionalistas galegos teñen un problema de credibilidade”, sinalou o deputado popular
José Manuel Balseiro afirmou que “os nacionalistas galegos teñen un problema de credibilidade” e lembrou “cando intentaron enganar aos veciños da Mariña dicindo que se ía pechar o hospital, cando a verdade é que logo da ampliación ten máis camas, máis servizos e máis consultas”.
“Non poden disfrazarse en plataformas que se manifestan contra os eólicos e ao mesmo tempo dicir que queren pechar Vestas ou esquecer que os primeiros que nos piden axilizar a posta en marcha da enerxía eólica son os traballadores de Alcoa”, apuntou.
O deputado popular lembrou que “na Mariña sufrimos unha crise industrial derivada da política enerxética do Goberno de Pedro Sánchez” e criticou que o BNG “está no mesmo saco que os socialistas, xa que co seu voto fixeron presidente a Sánchez”.