Xove, 1 de xuño, 2022. Sucedeu sobre as 20:50, o impacto provocou, ademais, que o turismo ardese por completo. Por fortuna, os dous ocupantes abandonaron o coche a tempo para evitar as feridas polo incendio, aínda que non polo impacto. Con todo, preferiron un traslado privado ao centro de saúde correspondente.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, este accidente ocorreu en Xuances, na estrada Cruceiro-Area, tal e como explicaron os propios implicados mediante a súa chamada ao servizo de emerxencias.
Para sufocar o incendio, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos Bombeiros de Viveiro.