O presidente de APAGA, Álvaro Doural, explicou que “é unha nova iniciativa que se plantexa no tema de hostalería a petición dalgúns profesionais do sector. Aínda non ten data, pero prevemos que posiblemente se faga no mes de xullo. Hai xa unha serie de xente apuntada e tampouco vai ser un grupo moi numeroso, sobre oito persoas, entón está practicamente completo. Esa é unha das iniciativas que se plantexan para o verán”.
Doural sinalou que “cursos como este de corte de xamón son iniciativas a petición de empresas e particulares. É un campo que non é o noso, pero a nosa idea é servir ao entorno e á sociedade que temos aquí. Podemos facer algunha cousa destas pero moi puntualmente, nós seguiremos movéndonos no campo do automóbil que é o obxectivo da nosa asociación. Pero algunhas veces vémonos obrigados por xente que nos pide que se podemos poñer en marcha este tipo de iniciativas, entón seguiremos respondendo a esas necesidades dentro das nosas posibilidades. Xa nos gustaría poder abordar outras cousas pero neste momento, segundo parece, o tema do corte de xamón é moi demandado e hai moi pouca xente que saiba facer ese traballo e por iso se plantexa”.
O presidente de Apaga engadiu que “tamén vai haber un curso de soldadura mig mag a final de mes. Na primeira quincena de agosto vai haber unha nova iniciativa, que é un campus sobre mecánica do automóbil que é un tema que se está traballando agora nel e vai estar aberto a toda a xente que queira participar. E a finais de agosto teremos o Fórum de Innovación como todos os anos”.