Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta concede las Medallas Castelao 2022 ás guerreiras laranxas

Burela, 16 de xuño, 2022. A Medalla Castelao é unha condecoración de carácter civil outorgada pola Xunta de Galicia. Distingue a obra artística, literaria, intelectual ou de calquera outro tipo dunha personalidade galega.

Foi creada en 1984 con motivo do retorno a Galicia dos restos de Castelao o 28 de xuño dese ano. Afirmaba o Decreto de creación da Medalla: (…) a perfección, o simbolismo ou a transcendencia das obras é o reflexo dun traballo conscientemente realizado con entrega e con fe na cultura, na historia e no ser dun pobo.

A Xunta de Galicia condecora ao equipo do Pescados Rubén Burela feminino de Fútbol Sala coa medalla Castelao 2022, premios nos cales conforme establece Rueda “aos gañadores se lles recoñece o seu traballo, logros e que leven o nome de Galicia máis alá das nosas fronteiras”.

O equipo das guerreiras laranxas foi galardoado con este prestixioso premio, froito do seu traballo e dominio no seu ámbito deportivo. O presidente da Xunta referiase ao conxunto mariñano como “una institución referente en el mundo del deporte y en la promoción de la igualdad en la sociedad”. Esto é así xa que este equipo leva sendo o máximo representante do fútbol sala mundial, comprendendo xogadoras da maior talla internacional. E debido ao seu éxito, o seu deporte cada vez é máis seguido e apoiado pola xente.

Como logros destacaban que o equipo é tetracampión da Supercopa de España, campeón da Futsal Women´s European Champions e nominado mellor equipo de fútbol sala femenino do mundo e un longo étc de títulos no seu palmarés.

É un orgullo que na nosa comarca contemos con un equipo con tanto impacto, que cada día siga conquistando triunfos.

Exit mobile version