Site icon Crónica3.com A Mariña

A Universidade de Santiago desenvolverá o Curso de Verán «II Encontro Álvaro Cunqueiro» en Mondoñedo

A USC celebrará o Curso de Verán «II Encontro Álvaro Cunqueiro. Cunqueiro e familia» en Mondoñedo os vindeiros 1 e 2 de xullo. A actividade, que conta tamén co apoio do Concello de Mondoñedo e da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, reunirá a importan- tes estudosos e escritores arredor da figura do mindoniense

Mondoñedo, 4 de xuño, 2022. Dentro da programación de Cursos de Verán da Universidade de Santiago desenvolverase o «II Encontro Álvaro Cunqueiro. Cunqueiro e familia», un evento no que se darán cita en Mondoñedo os vindei- ros 1 e 2 de xullo algúns dos maiores especialistas na obra do escritor mindoniense.

O curso, no que tamén participan como entidades colaboradoras tanto o Concello de Mondoñedo como a Casa Museo Álvaro Cunqueiro, terá como sede o Auditorio Pascual Veiga da cidade e para asistir ao mesmo cómpre matricularse previamente na web oficial da USC (https://www.usc.gal/gl/servizos/cultura/ veran#MONDO%C3%91EDO) antes do 17 deste mes de xuño. A todas as persoas matriculadas que asis- tan ao curso a USC concederalles un certificado validable por horas de formación e un crédito universitario.

Entre os conferenciantes e relatores atópanse Carmen Blanco, Manuel Lourenzo, Isabel Morán, Patri- cia Arias Chachero, Miguel Anxo Seixas Seoane, Francisco López Barxas, Xe Freyre, Concepción Sanfiz Fernández, Miguel González Somovilla, Antonio Gamoneda, María López Sández, Saturnino Valladares e Víctor F. Freixanes, que se ocuparán das conexións literarias entre Cunqueiro e outros grandes da escrita como Shakespeare, Rosalía, Dante, Pessoa ou Castelao, entre outros.

Está previsto tamén un recital poético-musical no que participarán poetas de tanto relevo como Anto- nio Gamoneda, Claudio Rodríguez Fer, Olga Novo, Luís Valle ou o fillo do autor, o tamén escritor César Cunqueiro, o recitado dos cales amenizará musicalmente o dúo formado por Rebeca Maseda e Iván Siso.

No marco do curso presentarase un novo libro de Cunqueiro: O mundo e outras vésperas. Colabora- cións en El Pueblo Gallego (1932-1936), do que se responsabilizou Armando Requeixo, quen estará acom- pañado por Xina Vega e Francisco Castro, director da Editorial Galaxia, que publica a obra.

Fóra de programa haberá unha actuación do contacontos Cándido Pazó ás 22:30h da noite do venres 1 na Praza da Catedral, á que poderá asistir todo o público que o desexe, pois a entrada é libre e gratuíta.

Este II Encontro Álvaro Cunqueiro está dirixido por Armando Requeixo e secretariado por Laura Caa- maño e Abel Vigo.

Exit mobile version