Desde o colectivo sanitario animamos a todas aquelas persoas que se atopen nestas situacións para que fagan efectiva a súa reclamación, constatando así as eivas que están a sufrir os servizos sanitarios públicos de xeito oficial e dando a oportunidade á dirección do centro e á administración sanitaria para corrixir estas situacións, pois “na maioría dos casos trátase de agardas que superan con moito os tempos aceptables de atraso , obxectivándose a situación límite na que se atopan moitos servizos”, comentan desde o colectivo sanitario.