Site icon Crónica3.com A Mariña

A práctica totalidade da poboación de Ourol reclama a cobertura estable do único médico de familia

A Mariña, 1 de xuño de 2022. A Plataforma Sanitaria da Mariña ven de entregar outras trescentas reclamacións no rexistro demandando cobertura continuada da baixa do único médico de Ourol. Xunto coas preto de cincocentas rexistradas a semana pasada, practicamente toda a poboación reclamou ter médico todos os días da semana.

As novas que chegan de que haberá médico de xeito continuado durante a primeira quincena de xuño e logo a días alternos, “sen saber tampouco se disporán de facultativo nos meses de xullo e agosto parécenos unha broma de mal gusto”- comenta a portavoz do colectivo, Montse Porteiro.

Desde o colectivo insisten na gravidade de deixar a un concello de mil habitantes, con moitas persoas de máis de 65 anos, moi disperso xeográficamente,sen o único medico do que dispoñen. Sinalan igualmente, que todo a poboación se pronunciou en contra da xestión que está a levar o Sergas e o goberno da Xunta, deixando no abandono asistencial a este Concello do rural.

Exit mobile version