Organizada por Vía Galega coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, percorreu xa Viveiro, Foz e Ribadeo e estará tamén no Valadouro
A exposición consta de 30 paneis a xeito de testemuña fotográfica que abarcan desde as primeiras manifestacións deportivas en Galicia a comezos do século XX ata os nosos días, onde se recollen os éxitos deportivos das nosas deportistas a nivel internacional e olímpico. Percorreu xa os concellos de Viveiro, Foz e Ribadeo e estará tamén no Valadouro.
Asistiron á presentación a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; o representante de Vía Galega Anxo Martínez, a Deputada de Mocidade, Mónica Freire Rancaño; o concelleiro de Dinamización Social, Daniel García, e membros do equipo de goberno e representantes de clubes.
Proposición non de Lei de Iniciativa Popular polo dereito de Galiza a poder competir coas súas seleccións deportivas
Desde Vía Galega levan adiante tamén unha recollida de sinaturas para avalar unha Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular polo dereito de Galiza a poder competir oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas, porque Galiza é unha potencia deportiva que brilla con luz propia, sendo referente mundial en moitos deportes e conta con deportistas e medallistas olímpicos e olímpicas, campións e campioas europeas a nivel mundial.