Tra-lo éxito das súas últimas accións en Madrid, a campaña de ‘Merluza D& Burela’ chega á cidade condal para difundir a calidade do produto nos buses que levan ás prazas de abastos
Burela, 1 de xuño, 2022. ‘Merluza D& Burela’ desembarca en Barcelona disposta a conquistar o padal dos seus habitantes a base de calidade coa campaña campaña “Merluza a Merluza”, que desde mediados de maio adorna as traseiras e laterais dos autobuses das liñas que levan aos principais mercados e peixarías da cidade condal.
O obxectivo desta nova campaña lanzada desde a Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, que se desenvolve ata finais do mes de xuño, é chegar aos puntos de compra máis tradicionais de Barcelona, como as prazas de abastos e as peixarías toda a vida, a través dun circuíto de 20 autobuses que encherán a cidade con gráficas que reflicten as bondades deste produto da lonxa de Burela.
Algúns dos mercados máis relevantes da cidade, entre eles a Boquería, Sant Antoni e Santa Caterina, forman parte do roteiro, formado por un total de 23 prazas de abastos e mercados.
Desde a Organización de Produtores do Porto de Burela consideran que “Barcelona é un dos principais mercados de interese na nosa estratexia de comunicación e promoción nacional para seguir consolidando a imaxe de marca de Merluza D& Burela”.
Con esta nova campaña de promoción da súa pescada do pincho, a OPP-7 Burela enxalza unha vez máis a calidade excepcional do produto, poñendo o foco no traballo, esforzo e compromiso que hai detrás de cada peza capturada artesanalmente: “Onda a onda, barco a barco, pescando unha a unha cada unha das nosas pescadas”. O conxunto de mensaxes da campaña de Merluza D& Burela enxalza as calidades deste peixe que se captura con artes propias da pesca sostible porque “é do pincho e é de calidade”.
A campaña, que chega a Barcelona tra-lo éxito alcanzado en Madrid, onde conseguiu chegar a máis dun millón de usuarios, alcanzando a un 72% do seu ‘target’ de responsables de compra no fogar; compleméntase cunha estratexia de pantallas dixitais situadas en lugares públicos de alta afluencia para impactar en momentos e horas distintas.
Precisamente a calidade é clave nunha campaña onde, ademais dos mercados tradicionais, outro gran punto de interese son as peixarías de barrio, xa que é aí onde se atopa o consumidor informado e esixente que pide e compra calidade.
Esta campaña da Organización de Produtores Pesqueiros Porto de Burela inclúese no seu plan de produción e comercialización, realízase en colaboración con Armadores de Burela e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP.