Cervo, 2 de Xuño de 2022. A asociación SAÚDE MENTAL “A Mariña” celebrará esta tarde, 2 de Xuño, unha “festa de Sabores” no novo inmoble da entidade, sito na Plaza do Souto, en Cervo.
O evento, que terá lugar na illa e na terraza do inmoble, se o tempo o permite, e senón no seu interior, comezará a partir das 16:30 horas, ao que acudiremos 82 persoas.
Evento no que se reunirán por primeira vez dende o inicio da pandemia os usuari@s dos dispositivos de Burela, Cervo e Ribadeo, así como os usuarios do novo dispositivo de Viveiro con técnicos da entidade.
Festa de Sabores, é o lema elexido para ese día, xa que haberá “sabor” a compañerismo, unión e fraternidade despois de tanto tempo sen xuntarnos por mor da pandemia.
Sabores musicais, xa que contaremos coa Banda de Acordeonistas da Mariña, a quen lles debemos de agradecer a súa gran colaboración para o noso colectivo.
E como non, sabores culinarios, xa que contaremos con unha merenda elaborada especialmente para a ocasión na que degustaremos as galletas “Sabores do Mar, Saboreando a Vida”, entre outros manxares.
Asimesmo, os usuari@s da entidade poderán seguir dedicando libros de “A Súper_Acción de Mauricio” ós técnicos xa que o gran evento de presentación do noso conto o pasado día 23 superou as nosas expectativas en canto ó gran poder de convocatoria que tivo.
O broche final poñerao o noso Presidente, Jorge Manchado, quen fará de contacontos ademáis de mago (a súa gran faceta) para que coñezamos a gran superación de Mauricio e manteñamos a ilusión de seguir creando.
Ilusión que contamos contaxiar o próximo día 10 de Xuño na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, xa que contaron con nós para participar no festival de proxectos da New European Bauhaus.
A Directora Técnica Xeral e Xerente, María José Nóvoa, quere agradecer especialmente á Consellería do Mar, así como á Consellería de Sanidade a súa colaboración para que este evento sexa unha realidade; “contribuíndo, coa súa sensibilidade, a visibilizar as enfermidades mentais e a loitar contra un estigma social que aínda se detecta na nosa sociedade” e quere facer unha mención especial tamén ó Concello de Cervo así como ós Acordeonistas da Mariña.