Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematará este sábado a peregrinación a Santiago a través do Camiño Inglés

Barreiros, 7 de xuño de 2022. A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematará o vindeiro sábado, 11 de xuño, a súa peregrinación a Santiago por etapas semanais a través do Camiño Inglés.

A pasada fin de semana realizaron a penúltima, que foi a comprendida entre A Rúa e Sionlla de Arriba. O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha etapa de 22 quilómetros e onde puidemos comprobar que cada vez estamos máis preparados fisicamente e coa ilusión de chegar a Santiago de Compostela”.

O vindeiro sábado, 11 de xuño, rematará esta peregrinación a través do Camiño Inglés: “faremos a última etapa ata Santiago, que ten un percorrido de 8 quilómetros. E entraremos na Catedral pola Porta Santa e asistiremos á misa do peregrino. Agardamos que poida asistir todo o grupo e así culminar como se merece esta peregrinación”.

A asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños, de Barreiros, arrincaba con esta iniciativa o pasado 9 de abril en Ferrol. Arredor de 50 persoas se dan cita cada fin de semana para realizar unha etapa do Camiño de Santiago, a través da ruta elixida cada ano, que a súa directiva decidía retomar despois do parón ocasionado pola pandemia do covid.

Exit mobile version