Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove con Ucraína

Xove, 6 de maio, 2022. Dende o Concello de Xove reanúdase a campaña para apoiar ao pobo de Ucraína. Con ela preténdese recoller materiais de primeira necesidade co fin de de axudar a paliar todas as carencias que neste momento están a sufrir millóns de cidadáns pola atroz guerra derivada da invasión rusa.

O punto de recollida de todos os productos estará no centro de información xuvenil, aberto diariamente de luns a sábado, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Ademáis deste punto de recollída, estarán habilitados uns carriños nos supermercados Erosky, Covirán e Establecemento Pérez.

A campaña comeza o luns 9 de maio e remata o luns 6 de xuño.

Dentro dos produtos que se piden, temos:

Alimentos:
-Comida non perecedeira.
-Comida preferentemente enlatada.
-Alimentos para nenos: leite, etc.

Produtos de hxgiene e aseo:
-Xeles, xabóns, esponxas, tampóns, compresas,….
-Para nenos: cueiros, toalliñas,…

Produtos sanitarios:
-Gasas, vendas, tiritas, alcohol, produtos antisépticos,…

Produtos de supervivencia:
-Pilas, cerillas, mecheiros, linternas,…

Esta é unha relación do que se pode aportar cada un, segundo as súas posibilidades.

Dende o Concello pídese e dase as grazas a todos os veciños que se impliquen nesta campaña.

Exit mobile version