Burela, 10 de maio, 2022. Hoxe tiveron lugar as XI Xornadas Formativas da fundación Imdecum en Quenlla Crossfit en Foz cos relatores Sául Vázquez Vega e Manuel Núñez Garea. Esta actividade estaba dirixida aos alumnos do Ciclo de Actividade Física e do Deporte do IES Monte Castelo.
Houbo unha primeira parte na cal os relatores mostraron aos alumnos unha perspectiva teórica dos fundamentos do Crossfit. A continuación, os alumnos preguntaron todas as súas dúbidas sobre este deporte e interactuaron con Saúl e Manuel para resolver todas as súas cuestións en canto súa práctica.
En segundo lugar, a xornada tivo unha orientación práctica na cal os alumnos fixeron un quecemento en conxunto e posteriormente dividíronse en grupos reducidos para realizar unha competición con todos os exercicios que tiñan marcados polos relatores.
Foi unha experiencia enriquecedora para os alumnos, que levan a casa unhas nocións importantes desta práctica que está tan na actualidade no ámbito deportivo. Agradecer a Quenlla Crossfit a súa implicación co alumnado, que fixeron que resultasen unhas xornadas moi proveitosas.