Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa se coñecen os nomes dos gañadores dos 15 soldos de AciaFozCCA das campañas dos días do pai e da nai

Foz, 4 de maio de 2022. Xa se coñecen os nomes dos gañadores dos 15 soldos de AciaFozCCA, sorteados hoxe dentro das campañas dos días do pai e da nai. A asociación regalou 15 soldos, un total de 6.000 euros en vales de compra para gastar de xuño a novembro.

Os gañadores dos 5 soldos de 100 euros mensuais, de xuño a novembro, son: Marta Fra, que mercou en Decoraciones Pura; Carmen Castro en La Flor Abulense; Antonio Peláez, en Librería A Rapadoira; Carmen Otero en Kukadas; e Vanesa Losa en Milar.

E os gañadores dos 10 soldos de 50 euros mensuais son: Constantino Pérez, que fixo compra en Ofifoz; Montse Fernández en Decoraciones Pura; Carmen Fernández en Chinela Nenos; Mª Luisa Alonso en Kukadas; Dulce López en Lencería Esther; Rebeca Fernández en Mercería Vera; Tania Novás en Vas’s; Elisa Vilaseca en Ferretería Fuente; Manuela Otero en Milar; e Alicia Vázquez en Chuvia.

Un total de 45 establecementos comerciais asociados participaron na campaña de AciaFozCCA entre o 11 de marzo e o 1 de maio. O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, agradece “a súa participación na importante campaña realizada neste 2022 e tamén queremos agradecer a confianza e a fidelidade depositada unha vez máis no comercio local de Foz”.

Paleo considera que “eses 6.000 euros en vales de compra, que hoxe sorteamos en Radio Foz, axudarán a dinamizar a economía local durante os vindeiros meses”. O sorteo tivo lugar en Radio Foz, foi conducido por Anxo Rivas, e contou coa asistencia do concelleiro de Comercio, Chema Linares, e da xerente de AciaFozCCA, Ana Segade.

A entrega dos soldos ás afortunadas e aos afortunados terá lugar o vindeiro luns, 9 de maio, ás 20:30 horas na Casa da Cultura. O acto contará coa presenza do alcalde, Fran Cajoto, e doutras autoridades.

AciaFozCCA contou para esta campaña co patrocinio do Concello de Foz e da Xunta de Galicia.

Exit mobile version