Viveiro, 7 de maio de 2022. O Concello de Viveiro retoma este ano unha das súas citas tradicionais do verán, a XIII Feira Renacentista, tras o parón obrigado pola pandemia do coronavirus.
Esta nova edición da feira e o mercado renacentista será os días 7, 8, 9 e 10 de xullo, tras a celebración do Resurrection Fest.
“A feira lucirá de novo con todo o seu esplendor e coa súa programación habitual, con actividades como o desembarco e as comidas na rúa”, explica a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.
“É unha satisfacción poder recuperar a normalidade tras dous anos de pandemia, cun evento como este tan esperado por veciños e visitantes”, engade pola súa parte a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.