“Celebro que unha vez máis Viveiro sexa na xornada de hoxe un lugar de encontro e diálogo para o sector económico e empresarial de Galicia grazas a este evento”, manifestou María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
O premio a mellor xoven empresario/a recolleuno Mi Chollo, mentres que a mellor iniciativa foi para ARX Space.
O accésit de Innovación foi para Innogando; o de responsabilidade social empresarial para ADS Tecnologías e o de creación de emprego para Medrar Smart.
Os premios cumpren este ano a súa XI edición, sendo unha referencia para os mozos emprendedores/as de Galicia e contribúen coa súa realización á difusión da cultura emprendedora e o apoio ás novas xeracións empresariais, que son o futuro económico de Galicia.
Neste sentido, a alcaldesa de Viveiro reivindicou a importancia do emprendemento e da iniciativa xove, “nunha Galicia que aposte pola formación e a I+D, por unha política de reindustrialización poderosa e que aproveite o talento novo para a recuperación dos sectores produtivos ameazados”, rematou.