Viveiro, 24 de maio de 2022. O Concello de Viveiro será este venres, día 27 de maio, o escenario da gala de entrega dos XI Premios ao mellor Xoven Empresario/a e á mellor Iniciativa Emprendedora de Galicia.
Organizados pola Asociación de Xoves Empresarios de Galicia, a entrega de premios será o venres ás 19.30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. haberá tamen accésits á Innovación, a Responsabilidade Social Empresarial e á Creación de Emprego.
“Un pracer formar parte do xurado e acoller aos seus participantes en Viveiro; o fomento das iniciativas emprendedoras entre os nosos mozos e mozas debe ser unha prioridade”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Xa na súa XI edición, estes premios son unha referencia para os mozos emprendedores/as de Galicia e contribúen coa súa realización á difusión da cultura emprendedora e o apoio ás novas xeracións empresariais, que son o futuro económico de Galicia.