Segundo a información recollida no 112 Galicia, o home saíu despedido mentres manexaba o aparello e tivo que ser trasladado ao Hospital da Costa, en Burela.
O accidente laboral produciuse nun camiño do lugar de Toxoso, na parroquia de Ambosores, á unha e media.
Nese momento, o 112 Galicia recibiu o aviso da situación do operario a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
A partir de aí, nada máis recibir a alerta, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención da Garda Civil e de Protección Civil de Ourol.