Foz, 13 de maio, 2022. A UNED-Aula Universitaria de Foz informa da nova incorporación de tres novos graos á oferta académica para o próximo curso 2022/2023: o Grao en Enxeñería da Enerxía, o Grao de Educación Infantil e o Grao de Ciencias Ambientais.
-O Grao en Enxeñería da Enerxía, nace para facer fronte aos retos tecnolóxicos, formando aos futuros enxeñeiros en materias de sustentabilidade, eficiencia global, ética profesional e cuantos elementos que permitan a particulares, empresas e institucións instaurar políticas enerxéticas de aforro, sustentabilidade e racionalidade na xeración e o uso da enerxía.
-O Grao de Educación Infantil, está destinado a formar especialistas en educación de nenas e nenos escolarizados entre os 0 aos 6 anos, contribuír ao desenvolvemento integral e harmónico do alumnado en todas as súas dimensións: física, emocional, sexual, afectiva, social, cognitiva e artística, potenciando a autonomía persoal e a creación progresiva dunha imaxe positiva e equilibrada de si mesmos, así como á educación en valores cívicos para a convivencia.
-O Grao de Ciencias Ambientais, para formar profesionais adecuados nos aspectos científicos, técnicos, económicos e xurídicos do medio ambiente. Orientación específica cara á conservación e xestión do medio ambiente e os recursos naturais, a planificación territorial, a xestión e calidade ambiental, baixo a perspectiva da sustentabilidade.
Con estes novos graos, a UNED quere dar resposta á demanda do alumnado e con iso cobre as necesidades de actualización profesional.
A Aula Universitaria de Foz, malia ser unha aula pequena, o ano pasado superou a cifra de 1500 alumnos/ as.
Máis información na aula Universitaria de Foz no teléfono 982.133.699, por WhatsApp 604.034.549, por correo electrónico foz@lugo.uned.es, ou polas redes sociais @ unedfoz.