Site icon Crónica3.com A Mariña

Tomé mantén un encontro coa Ministra portavoz do Goberno

Abordaron as políticas públicas que está a desenvolver o Goberno de España na provincia de Lugo, con especial atención ó investimento ferroviario e en infraestruturas, o seguimento do acordo con Alcoa e as medidas dirixidas a axudar ás economías familiares fronte a suba dos prezos da enerxía

Lugo, 20 de maio de 2022. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, mantivo un encontro coa Ministra de Política Territorial e voceira do Goberno de España, Isabel Rodríguez García, en Palexco, unha xuntanza que serviu para abordar as políticas públicas que está desenvolvendo o Goberno de España. Na xuntanza abordaron algunhas cuestións de especial interese para Lugo, como o investimento na liña ferroviaria Lugo-Monforte-Ourense. Tamén xurdiron na conversa temas relacionados coa situación industrial da provincia, como o seguimento do acordo firmado con Alcoa para a reactivación da planta de San Cibrao en 2024. A situación económica e as medidas adoptadas polo Goberno para paliar o efecto da crise enerxética foi outro dos temas tratados.

“Foi unha conversa moi cordial na que puiden comprobar de novo que o Goberno ten un claro compromiso coa nosa provincia, e que é receptivo á hora de escoitar as necesidades e suxestións que lle trasladamos para mellorar a calidade de vida dos lucenses”, dixo Tomé ó remate dunha xuntanza na que estiveron tamén presentes o Secretario Xeral do PSdeG, Valentín González Formoso; a Vicesecretaria Xeral do partido, Lara Méndez; o Delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones Conde; ou o presidente da FEGAMP, Alberto Varela, entre outros representantes do socialismo galego.

Exit mobile version