Site icon Crónica3.com A Mariña

“Sobre a ubicación do novo centro de saude de Ribadeo (IV)”, por Tino Lombardero

Como xa hai varias semanas que no escribimos sobre este asunto temos que lembrar dous puntos:

1º Se as crónicas non minten o Concello de Ribadeo e mais a Xunta de Galicia están de acordo en construir un novo centro de saude en Ribadeo nuns terreos situados enfronte da Estación de Servizo, ou sexa a un kilómetro do centro casco urbano.

2º Ate o día de hoxe non se coñece nengún documento ou proxecto oficial sobre o devandito centro de saúde. Se existe non se deu a coñecer aos veciños e veciñas nen hai nengunha notificación oficial de que se poda consultar en algunha administración pública.

Queremos tratar hoxe un aspecto decisivo da política local que veñen consensuando dende hai moitos anos o PP, o PSOE e o BNG. Refírome á política urbanística e as xestións para a redaccióñ do Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado definitivamente o 25 de Setembro de 2014 polo Pleno Municipal e publicado no DOGA o 1 de Decembro do mesmo ano.

Mais alá de algunas regueifas e diferencia puntuais os tres grupos municipais estiveron de acordo no seguinte:

1º Permitir que a maioría das ruas de nova creación seguisen o trazado dos antigos camiños e polo tanto a estructura derivada da propiedade das fincas que se convertirían en solares.

2º Eludir absolutamente a edificación aberta, con zonas verdes e bulevares para facilitar o máximo aproveitamento especulativo do solo.

3º Autorizar alturas mastodónticas absolutamente inapropiadas para a o uso, a convivencia e a seguridade dos seres humanos.

4º Evitar a creación de un solo de reserva para equipamentos comunitarios como é o caso do novo centro de saúde.

5º Aprobar tres convenios urbanísticos no 2012 (con algúns reparos do PSOE) posteriormente incorporados ao PXOM con mínimas contraprestacións para o concello.

6º e principal: Reducir ao mínimo legal as posibilidades de participación da veciñanza evitando charlas, debates, videos, exposicións ou outras formas de información para facilitar a toma de conciencia social e colectiva que puidese reducir a especulación.

Como consecuencia de estas políticas agora resulta que hai que levar un servizo público de primeira necesidade, como é un Centro de Saúde de Atención Primaria a un kilómetro do centro do casco urbano habendo como hai grandes espazos sen edificar no medio e medio da vila que obviamente se reservan para construir macroedificios.

Este é o problema e os dirixentes do PP e o BNG están de acordo, mentres os do PSOE ainda non abriron a boca.

Pero a cousa non remata aquí. Calquera dos espazos que hai no centro do casco urbano que poderían servir para construir un centro de saúde podería recalificarse cos correspondentes trámites administrativos se houbese unha decisión política de facelo e se non se fai non é por nengún impedimento legal, senón porque os señores e señoras concellais que poden facelo prefiren mirar para outro lado e facer como que non se enteran.

Non me vou extender en outras consideracións porque a cousa é tan evidente que non require mais tempo. E o que hai.

Exit mobile version