A unidade de repartición do municipio lucense obtén o primeiro premio na liga Nacional de Excelencia de Correos, que recoñece o traballo feito para lograr o mellor servizo aos cidadáns
Os 16 traballadores e traballadoras premiados polo seu bo labor saen cada mañá das instalacións de Correos na Avenida Ramón Canosa a realizar a repartición no propio concello de Viveiro e nos concellos do Vicedo, Xove e Ourol.
Estes carteiros e carteiras, capitaneados por Suso Fernández, repiten como gañadores tras logralo tamén en 2018. O ano pasado, ademais, conseguiron un terceiro posto nesta competición nacional na que participan outras 250 unidades de repartición do país, atendidas por máis de 15 carteiros.
Para conseguir este premio que ten carácter anual a empresa postal e de paquetería ten en conta indicadores como a entrega efectiva de certificados e notificacións, os prazos de entrega da paquetería, o número de reclamacións, a produción ponderada da unidade ou o absentismo.