Site icon Crónica3.com A Mariña

Rita Pernas é a gañadora da Campaña do Dia da Nai do CCHV

Viveiro, 6 de maio, 2022. A campaña púxose en marcha dende o luns 25 ata o sábado 30 de abril, e a participación foi numerosa. Mais de 100 urnas repartidas nos negocios asociados nas que os clientes depositaban os seus tickets de compra para participar no sorteo.

E a sorte foi para Rita Pernas, veciña de Viveiro, que con un ticket de compra de Deportes Don Balón gañaba os 1.300€.

Que mellor forma de celebrar o dia da nai que ter 1.300€ e gastalos en todo o que queiras nun dia!

O dia para gastar o premio será neste mes de maio, a acordar ca gañadora, que terá mañá e tarde en horario comercial para gastar a totalidade do premio. Terá un total de 13 bonos de 100€ para gastar en 13 sectores comerciais distintos, sector téxtil, calzado, deportes, mercerías e paqueterías, bazar-mobles e decoración, ópticas, xoierías, telefonía e informática, beleza e benestar, librerías e xogueterías, alimentación, servizos profesionais e Hostalaría.

Trátase dunha especie de xogo no que conta a pericia para saber gastalos onde corresponde e no tempo estipulado. Poderá mercar moreas de artigos, desfrutar de tratamentos de beleza, reservar servizos profesionais, facer a compra nos establecementos de alimentación e entre compra e compra repoñer forzas co bono de hostalaría ou finalizar a xornada cunha boa cea.

O obxectivo perseguido con esta campaña, é por unha parte a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local, e por outra parte dar a coñecer mellor tódolos negocios que forman parte da Asociación de comerciantes de Viveiro e que a gañadora saiba de primeira man todo o que pode ofrecer cada un deles.

Dende o CCHV agradecemos a tódolos clientes a alta participación acadada nesta campaña e que sigan apostando polo comercio local.

Exit mobile version