Site icon Crónica3.com A Mariña

Remedios Otero e Ruth Rodríguez foron as gañadoras de dous dos premios de 100 euros sorteados por Acisa na campaña do día da nai

Ribadeo, 13 de maio de 2022. Xa se coñecen os nomes das gañadoras da campaña do día da nai, da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.

Tras concluír o prazo para reclamar os premios do día da nai sorteados por Acisa Ribadeo, finalmente foron reclamados dúas dos tres que estaban en xogo. Remedios Otero e Ruth Rodriguez, ambas as de Ribadeo, coas rifas 4947 e 3390 entregadas en Phonergy e Kids& Us, foron as gañadoras de 100 euros en vales de compra para gastar no comercio e hostalería asociada a Acisa.

A outra papeleta, a 2112, tras non reclamarse o premio quedou anulada e declarouse deserto, tal e como indican as bases.

Axuda solidaria
Acisa Ribadeo segue recollendo fondos económicos para axudar á familia ucraína que chegaba o pasado 2 de maio á localidade. Trátase dunha nova nai trintaneira, que fuxiu da guerra xunto aos seus fillos e fillas de 2, 3, 4, 10, 11 e 14 anos.

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos puxo ao dispor dos ribadenses un número de conta para que poidan facer as achegas económicas que consideren. O xerente de Acisa, Jesús Pérez, insiste en que “toda ayuda será bienvenida. Son 7 personas que se están alojando con un matrimonio ribadense, que necesitan comida, productos de higiene, pañales para los bebés, ropa, calzado, material escolar, etc… todo lo que cualquier persona precisa en su día a día”. El número de cuenta es el siguiente: ES47 2080 0140 1530 4020 1283 de ABANCA. “A la hora de hacer las aportaciones como concepto pondremos Donativo familia ucraniana en Ribadeo”, puntualizan desde Acisa. Y añaden que “los donativos podrán hacerse durante todo el mes de mayo”.

A asociación ribadense tamén fai unha chamada á colaboración dos seus comercios asociados: “para que aquellos que quieran colaborar puedan calzado, mochilas, material escolar, alimentación, pañales, etc… En nuestras oficinas nos ofrecemos para recogerlo en horario de mañana y si no les facilitaremos un teléfono de contacto para que lo puedan hacer llegar directamente a esta familia refugiada ucraniana”, explica Jesús Pérez.

Exit mobile version