Site icon Crónica3.com A Mariña

Raíñas da Raíña outra vez!

Burela, 8 de maio, 2022. Hoxe, unha ves mais como tantas nos últimos anos, as Guerreiras Laranxas volven levar A Mariña ás paginas dos xornais de toda España e aos noticieros de todas as televisións.

Pero aínda que isto fíxose habitual nos últimos anos non podemos esquecer que supón un enorme esforzo manter na Mariña un equipo capaz de ser un referente a nivel nacional e internacional.

“O que fan estas mozas non é nada fácil, manterse durante tantos anos na elite supón moitos sacrificios para elas e para todos os membros do club”, asegura Manolo Blanco, presidente da entidade.

Unhas xogadoras que gozan das vantaxes de ser profesionais no seu deporte, certificando que o club ao que pertecen non só é grande dentro da pista, senón tamén fóra dela.

E estes éxitos, tanto deportivos como sociais, só son posibles grazas aos seus patrocinadores, que sosteñen o club e a esta xeración irrepetible de xogadoras.

“Agradecemos a todos os nosos patrocinadores o seu apoio, estes titulos con tambien seus, son tan gañadores como nós” aínda que o club tambien require de seguir crecendo neste sentido, xa que os seus rivais contan cada ano con mais orzamento “necesitamos mais implicacion das institucións da Mariña, especialmente dos poderes públicos, que deberian apostar xa de forma definitiva pola igualdade e por estas mozas” asegura Manolo Blanco.

“Non hai maior escaparate para A Mariña, para dar a coñecer a nosa terra e a nosa cultura en todo o mundo. Este club, e estas mozas, son os mellores embaixadores que unha comunidade podria desexar, e teño a sensación de que nese sentido se está desaproveitando unha oportunidade”

O noso club seguirá loitando cada dia por que A Mariña siga sendo un referente mundial do futbol sala, e as Guerreiras Laranxas, con esforzo e sacrificio, seguro que seguiran traendo alegrias á nosa terra

Exit mobile version