Burela, 16 de maio, 2022. O próximo 31 de maio ás 20:00 horas, no auditorio da Casa dá Cultura de Burela e dentro do programa das Festas Patronais 2022, proxectarase o documental “Burela: referentes do lecer no século XX”. É un traballo de Paco Salgueiro que contou coa colaboración de hostaleiros de Burela así como do exconcejal de cultura Emilio González Legaspi. Participaron no documental: Sé Mon de Casa Adelina, Lola Vispo da Taberna de Pron, Tito de Casa Marta, Carlos Saá do Cine Mon, Salomé do Bar Restaurante Salomé, Josefa de Sala de Festas Estrella, Elisa Lestao do Cine Avenida, Áurea Quiroga de Bodegón do Mariñeiro, Constantino Pinín de Churrasquería Pinín, Carmen Cillero de O Ronsel e Xevi Bassa do Pub Arsenal.
Fixeron unha travesía ao longo do tempo que traballaron os seus negocios: competencia, clientes habituais, produtos que mais vendían, acontecementos destacados desa época, asi como anécdotas, etc. etc.
Unha vez presentado o documental colgarase na canle de Youtube Paco Salgueiro.