Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro propón melloras no proxecto de reforma da estrada LU-540

Viveiro, 8 de maio, 2022. A Xunta de Galicia ven de presentar o proxecto de reforma da estrada LU-540, estrada que comunica Viveiro coa autovía AG-64 en Cabreiros (concello de Xermade). A reforma desta estrada e importante para a mellora nas condicións do trafico que comunica Viveiro coas principais cidades de Galicia e tamén co interior do estado, aínda que non colma as aspiracións dos veciños e veciñas do noso concello de contar cunha vía de alta capacidade para a principal vía de comunicación de entrada e saída da cidade e atenúe o déficit de infraestruturas de Viveiro e dos concellos da Mariña Occidental.

As principais melloras, orzamentadas en 13,4 millóns de euros, son os sete novos carrís de adiantamento (cinco en dirección a Cabreiros e dous en dirección a Viveiro), estes novos tramos con posibilidade de adiantamento que suman un total de 4,6 kilometros, rectificación nalgunhas curvas, melloras de seguridade nos cruces e reforzamento do firme nos 35 kilometros do proxecto (dende o kilometro 5 ata o 39,5).

En Por Viveiro queremos facer unhas propostas que melloren o proxecto, faciliten a circulación e potencien a seguridade na estrada LU-540.

1.- En Landrove, na intersección coa estrada LU-161, o acceso do trafico procedente de Viveiro a estrada LU-161 realizase con pouca visibilidade, o que tamén aplica nos cambios de sentido en dirección Viveiro, sendo este o principal punto de risco de accidente da LU-540, solicitamos a inclusión no proxecto de reforma da LU-540 das melloras necesarias para evitar os riscos de seguridade mencionados.
2.- A rotonda de acceso o polígono industrial de Landrove, e moi escasa e os camións teñen dificultades para realizar a manobra, solicitamos a inclusión no proxecto de reforma da LU-540 das melloras necesarias que faciliten a accesibilidade do trafico pesado o polígono.
3.- En Mosende no concello de Ourol, actualmente a estrada está limitada a 50 km/h , manténdose esta limitación no proxecto de reforma da estrada, solicitamos a inclusión no proxecto de reforma da LU-540 das melloras necesarias que posibiliten a eliminación do limite de velocidade e permita circular a 90 km/h en todo o traxecto entre os puntos kilometricos 5 e 39,5.

Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Municipal de POR VIVEIRO traslada a seguinte proposta de acordo para a súa aprobación en pleno:

1. Instar a Xunta de Galicia a incluír os tres puntos expostos anteriormente no proxecto de reforma da estrada LU-540.

2.- Trasladar este acordo a Mancomunidade de concellos da Mariña, para que valoren solicitar o goberno autonómico o cumprimento dos devanditos tres puntos.

Exit mobile version