Un día despois, o grupo parlamentario do BNG respondeunos defendendo a legalidad do Concello pero sen dar unha resposta directa con respecto á política do BNG, supoñemos que por falta de información obxectiva sobre o tema, polo que nos temos dirixido de novo ao grupo parlamentario para matizar a nosa pregunta, aportar explicacións e enviar documentación.
De xeito moi resumido tratamos de explicar a situación en 4 folios.
Aclaramos que:
«a nosa pregunta non concirne a suposta legalidade ou ilegalidade dos trámites administrativos seguidos polo Concello, […]. Particularmente quixéramos saber cal é a posición política do BNG respecto da privatización da Illa Pancha, se non considera que os dereitos dos veciños son vulnerados como o foron na Illa da Creba».
Lembramos que:
«O nacemento do colectivo POR NUESTRO FARO, […] foi determinado pola evidente usurpación dos dereitos dos veciños a favor dunha empresa privada e ahí entra en primeiro lugar a decisión política do Ministerio de Fomento e a decisión política de apoialo abertamente dende o primeiro momento do alcalde de Ribadeo do BNG».
Expoñemos que:
«No caso da tramitación do proxecto da Illa Pancha hai numerosas e evidentes irregularidades denunciadas repetidamente polo noso colectivo, […] notificadas ao Concello de Ribadeo e á Autoridade Portuaria repetidamente, sen que estes organismos adoptasen medidas eficaces para cumprir a legalidade».
E citamos dúas cuestións nas que está directamente implicado o Concello de Ribadeo.
A primeira: «A falla de Estudo de Impacto Ambiental (polo menos simplificado) que esixe a lei 21/2013 de Avaliación Ambiental para proxectos en Zona de Protección da Rede Natura 2000. […] Diante das demoras e incumprimentos da Autoridade Portuaria, o Defensor del Pueblo ratifica cinco veces máis os seus prantexamentos ata o 10 de outubro de 2018.[…]A actitude do Concello de Ribadeo foi someterse ao criterio da Autoridade Portuaria cando a competencia para conceder as licenzas era exclusivamente súa e intransferíbel».
A segunda: «refírese ao acceso á illa polos veciños, visitantes e medios de auxilio, emerxencias, ambulancias etc.». «O día 23 de novembro de 2016 o Sr. Alcalde declarou aos medios que non se podería conceder a licenza de actividade se non se establecía o acceso libre á totalidade da illa e o día 1 de decembro de 2017 aprobouse a concesión da licenza de actividade ca condición expresa de que a porta estivese expedita para o público en xeral. A realidade é que a día de hoxe, 24 de maio de 2022, a porta de acceso segue pechada (agás algunhas horas en días de verán por acceso á cafetería)».
E, no que respecta á sentencia do TSXG, facemos fincapé en que:
«As sentenzas non lle dan nengún respaldo ás decisións políticas do Concello nin xustifican a súa omisión de suspender a licenza. Sinxelamente, deixan claro que o acceso debe ser libre e quitanlle a razón a empresa concesionaria, pero a decisión política do Concello de Ribadeo de eludir a aplicación da norma devandita é independente das sentenzas xudiciáis, e forma parte das súas competencias ineludibeis.»
En resumen, a suposta legalidade á que se acolle o alcalde de Ribadeo para xustificar o seu apoio político deliberado ao proxecto de privatización da Illa Pancha é doada de desmontar sen entrar noutros aspectos sumamente dubidosos como son o desdobre inicial de proxectos, a tramitación con lexislación equivocada, a fosa séptica sen legalizar dende agosto de 2018 verquendo á Ria de Ribadeo (Rede natura 2000), a acupación da zona non concesionada polos usuarios dos apartamentos, a falla de memoria económica e a contradicción neste punto entre o proxecto inicial e o que foi aprobado posteriormente. En fin, unha riola de irregularidades como mínimo discutibeis que o Concello de Ribadeo pasou por alto e segue a pasar ca disculpa (suposta) de que non son da súa competencia pero evitando verificación dos feitos reais.»