Ribadeo, 25 de maio, 2022. O alcalde de Ribadeo afirmaba aló por novembro de 2016 ‘Isto non é Grecia, onde se privatizan as illas’. Por Nuestro Faro sabía que aquilo era un farol, como foi un farol anunciar o pasado 13 de abril que un contencioso dáballe a razón ao Concello para que se garantise o acceso libre a Illa Pancha, porque aínda estamos esperando a que faga cumprir a resolución do TSXG.
A illa Pancha non é unha illa grega pero tampouco é a illa da Creba, defendida polos cidadáns contra a privatización, en Muros a principios deste mes. E tampouco o alcalde de Ribadeo é igual que os representantes do BNG, que o 9 de maio estiveron en Esteiro (Muros) levando a iniciativa da recuperación da illa coa presentación do caderno ‘A illa da Creba. Un baldío comunal’ editado por Galiza Sempre.
Para apoiar a movilización social que reclama a illa como pública, hai tan só uns días os medios fixéronse eco do inicio da batalla legal pola recuperación da illa, coa presenza do responsable da Plataforma pola Recuperación dá Illa dá Creba, a deputada do BNG Rosana Pérez, e a representante de Galiza Nova e concejala do BNG en Muros, Maruxa Martínez.
Por esta razón, a AA VV Por Nuestro Faro enviou hoxe un correo ao grupo parlamentario do BNG e á súa sé nacional para expresar que:
“[…] Ao marxe das circunstancias particulares de cada caso, o sustancial é a privatización inxustificada dun ben común e, no caso da Illa Pancha, a través dunha serie de procedimentos flagrantemente opacos e ilegáis, como temos demostrado repetidamente, e así foi confirmado polos tribunáis e polos seis informes do Defensor del Pueblo.
Desexaríamos ter algún tipo de información ou coñecemento da dirección ou organismo competente do BNG para coñecer a súa posición política no caso da Illa Pancha de Ribadeo, máxime tendo en conta que o goberno municipal deste concello pentence a ese partido e ven apoiando a privatización de forma activa dende o comezo do proceso. Folga suliñar que o noso grupo agradecería o apoio do BNG contra a privatización da Illa Pancha como no caso da Illa da Creba na Ría de Muros e Noia.”