Os alumnos de Infantil, 1º e 2º de Primaria aprenderon este luns como actuar ante unha emerxencia. Dende a colocación dunha persoa que puidese estar a sufrir un infarto, ata como comunicar o suceso ao 112, e realizar eles mesmos as primeiras manobras de reanimación cadiopulmonar.
Todos atenderon a charla e explicacións prácticas con moita atención e trasladaron numerosas preguntas e inquietudes á doutora.
A seguinte charla será este mércores de de maio e estará dirixida aos alumnos de 3º a 6º de Primaria do CEIP.
A actividade está organizada pola Asociación de Pais e a comunidade educativa do Centro, grazas á inestimable colaboración de Doutora Carmen Pernas. A ela queren agradecer a súa amabilidade e dispoñibilidade para transmitir unha información tan vital.