Viveiro. 28 de Maio, 2022. O vindeiro 3 e Xuño de 2022, os centros escolares da Mariña mostraran os seus traballos que veñen de realizar ó longo deste curso, arredor da figura de Quique Guerra e as exposicións que sobre o mesmo véñense de realizar no concello de Cervo, CENIMA e recentemente inaugurada no Museo Provincial.
A exposición no CENIMA de Foz, será inaugurada ás 20 horas do 3 de xuño. Invitamos a Centros escolares , profesorado, artistas e a Mariña en xeneral para que podan apreciar a gran labor que tanto profesores e alumnado veñen de realizar sobre as propostas do artista Quique Guerra e a súa concienciación sobre a Natureza e reflexión sobre a mesma. No mesmo acto presentaremos a revista escolar de Arte, que recolle os traballos realizados polos centros escolares e que ven subvencionado pola Dirección de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Con esta mostra Tá en artes cumpre co ciclo de exposicións na sétima edición da súa programación con catro exposicións ó redor de Quique Guerra e na que contamos cas colaboracións da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Lugo, Mancomunidade de Municipios da Mariña, Concello de Foz e Concello de Cervo.
O ano que ven péchase o ciclo de catro anos de programación onde será homenaxeada a traxectoria e o traballo de José Luis Neira Brochs, un dos artistas mariñáns máis recoñecidos tanto en Galicia, como no resto do estado e o estranxeiro.