A obra percorre a etapa medieval de esplendor do reino de Galiza e a posterior crise da segunda metade do século XIV e está feita coa vontade de deitar luz sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións que sobre este período se teñen producido. O libro nace tamén da necesidade de colaborar ao coñecemento sobre a nosa historia. A presentación estará a cargo de Xulia Canoura, profesora xubilada e o acto está organizado pola Fundación Galiza Sempre e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega.