Trátase dun carreiro natural cun percorrido de 2,36 quilómetros, que bordea o areal que leva o mesmo nome “e que é un reclamo de primeira orde para o noso Concello”.
Con esta insignia, a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) premia a recuperación e posta en valor de sendeiros e itinerarios de todo el territorio nacional, transformados en valiosos recursos para a interpretación ambiental e o desfrute da natureza.
Rodríguez valorou de xeito moi positivo este recoñecemento “que referenda o labor que levamos moito tempo desenvolvendo desde o Concello de Cervo en prol da posta en valor do noso patrimonio natural, é un incentivo máis –engadiu- para seguir a traballar baseándonos no compromiso coa contorna”.
Este selo de calidade, pois, “recoñece o valor medioambiental desta ruta” e pon de manifesto “o compromiso municipal co turismo sustentable e de calidade”, avalando o esforzo que se vén realizando neste terreo, precisou.
Esta insignia vén a sumarse á bandeira azul que lle foi outorgada un ano máis á Praia do Torno e tamén ao recoñecemento á Carpintería de Ribeira como Centro Azul.