Viveiro, 02 de maio de 2022. O PSOE fai do concepto de igualdade, con hipocrisía digna de mellor causa, unha das bandeiras ás que se agarra no exercicio do populismo político que é propio do sanchismo. Tamén en Viveiro a alcaldesa, María Loureiro, usa con frecuencia o argumento da igualdade. Pero non pon en práctica tal concepto cando se trata de xestionar o concello para que todos os veciños vivan onde vivan teñan as mesmas oportunidades en canto ao acceso a infraestruturas e servizos. O PP pretende que, pasando das palabras aos feitos, todos los residentes en Viveiro poidan disfrutar de boas infraestruturas. Con esta intención os concelleiros populares defenderán no pleno de mañá unha iniciativa para mellorar calzadas e beirarrúas no barrio de O Pedregal e en As Pallaregas.
Os populares lembran que no pleno de xullo do ano pasado presentaron un rogo no que denunciaban o mal estado das estradas na zona de A Pallaregas e a falta de sinalización. Como nada se fixo ao respecto, os veciños da parroquia de covas seguen demandando o mantemento destas estradas e engaden outros puntos da parroquia nos que as vías están en moi mal estado: En O Pedregal, calzada e beirarrúa; O Parque da Insua, un enclave turístico, está sen sinalizar, a estrada está en mal estado e a contorna necesita mantemento e limpeza.
Internet
O grupo municipal popular presenta un rogo ao pleno para que o Concello faga as xestións necesarias para que os veciños do barrio de Escourido, en Covas, poidan ter acceso de calidade a Internet.
Os populares din que “a posibilidade de acceder ou non a Internet ten tal relevancia nos nosos días que, por si mesma, pode marcar a diferenza entre prosperidade ou pobreza, coñecemento ou ignorancia”. Sinalan que os datos de 2019 da Unión Internacional de Telecomunicacións con respecto ao acceso a Internet son reveladores: o 46,4% dos habitantes do planeta, 3.600 millóns de persoas, non están conectados a internet. Aclaran que “parte destes 3.600 millóns de persoas son os veciños do barrio de Escourido, lugar da parroquia de Covas”, que comunicaron aos populares “as súas queixas e preocupacións polo deficiente servicio a internet que teñen, os que o teñen”.
O grupo que ten por portavoz a Óscar Rodríguez solicita ao equipo de goberno do Concello “que estude a maneira de mellorar ou dotar do servizo de Internet aos veciños do barrio de Escourido, lugar da parroquia de Covas”.