Castiñeira sinala: “Unha vez máis queremos transmitir as queixas dos veciños polo mal estado das estradas provinciais, facendo fincapé en dous aspectos. Por un lado, os veciños quéixanse de que hai moita maleza nas estradas provinciais e piden que non pase como o ano pasado, que estiveron sen desbrozar durante todo o verán, co que iso supón de falta de visibilidade en moitos puntos e, polo tanto, de falta de seguridade”. Engade: “O equipo de goberno bota as culpas e responsabilidades sobre a empresa contratada. O que queremos é moita máis previsión e planificación e menos sancións, porque este debe ser o último recurso”.
O portavoz popular tamén di: “Por outro lado, as queixas dos veciños débense o mantemento en si das estreadas, ao contrato de mantemento por lotes, que é absolutamente insuficiente. O goberno provincial vén de anunciar un novo lote; dende o PP transmitimos as inquedanzas dos veciños de que é totalmente insuficiente, porque están quedando sen facer bacheos e os que se fan ao final non resolven o problema, senón que o agrandan. Ao final do que se trata é de parcheos básicos en estradas que están moi mal de firme e que seguen sendo un risco para a circulación”.
Castiñeira deixa unha mensaxe para o presidente da Deputación: “Señor delegado de Vías e Obras, señor Tomé, dedíquese a transitar polas estradas provinciais, especialmente polas que máis dificultades teñen e verá que estes bacheos son insuficientes. Dende o PP pedimos que se aumenten esas partidas para que as empresas de mantemento poidan facer moito mellor o seu traballo e non chapuzas como estamos vendo por toda a provincia”.