O voceiro popular sinala que “esta situación causa danos aos vehículos -nos amortiguadores, nos discos ou nas rodas- e supón un problema para a seguridade viaria; especialmente no p.k. 1,100 da estrada LU-P-0609 que se atopa entre dúas curvas se ningún tipo de sinalización de advertencia”.
Neste caso, “xa foron os veciños da zona os que se puxeran en contacto coa Deputación Provincial para arranxara o asfalto cando detectaron o problema fai máis dun ano”; pero agora volveu aparecer o bache e a Deputación descúlpase dicindo que é cousa do Concello”.
Gómez Puente, que tamén é deputado provincial, lamenta “a falta de interese dos responsables de ambas administracións por solucionar estes problemas” e avanza que o Grupo Provincial Popular levará ao vindeiro pleno da Deputación unha iniciativa para advertir da situación e esixir a reparación destas estradas nestes puntos concretos”.
Desbroces
O portavoz municipal e deputado provincial do PP advirte de que “a herba xa invade os arcéns das vías da Deputación”, polo que urxe tamén a levar a cabo as tarefas de roza e acondicionamento das marxes das estradas. “Esta situación dificulta a visibilidade dos condutores e tamén xera un perigo para os peóns que camiñan polas marxes destas estradas”, indica.
Gómez Puente engade tamén que “é imprescindible acondicionar as marxes das estradas, tanto as municipais coma as provinciais, de cara á temporada de verán para ofrecer aos nosos visitantes as mellores condicións de seguridade posibles; ademais dunha boa imaxe do noso pobo”.