Burela, 20 de maio, 2022. O Pescados Rubén Burela, consegue vencer con esforzo ao Osasuna Magna Xota por 3-5. Os laranxas asaltaron Navarra a pesar de que os locais necesitaban máis os puntos, pois non teñen asegurada a súa posición na táboa.
Plantábase o conxunto de Rafa Merino en Navarra cun cinco inicial atípico, pero que estaba a se defender ben dos ataques do Osasuna Magna. Con todo no minuto 3, prodúcese un penalti por falta de intensidade na área dos laranxas, que afortunadamente acaba detendo Kaluza para evitar o 1-0 local.
Durante os 10 primeiros minutos o Xota buscaba máis o gol, e precisamente nese minuto 10 ía ter a oportunidade ata o de agora máis clara do partido con Fabinho fallando o gol con Kaluza batido. Con todo, na xogada seguinte no minuto 11 a pesar de estar a xerar menos, chegaba o gol de Renato cun disparo potente con perna esquerda.
A partir de aí o Burela estaba a circular mellor o balón e aguantando o resultado. Ata chegou a meter porteiro xogador nos minutos finais da primeira parte para conseguir amplitude, pero este risco estivo a piques de pasarlle factura cun gol dos visitantes. A falta de 1 minuto o Xota sacou xogo de cinco, e sobre a bucina Iago Miguez tras un contragolpe co equipo descolocado ía poñer o 0-2 e con isto chegaríase ao descanso
Empezando a segunda parte o partido transcorría como a primeira, cos locais buscando máis e no minuto 24 ía recortar distancias o Xota con Fabinho, como consecuencia dunha perda de balón na área dos laranxas. Tres minutos despois ían empatar o partido cun golazo de Linares pola escuadra cun disparo coa zurda.
O Xota estaba a buscar máis levar o partido, tendo máis oportunidades, con todo non eran perigosas e os laranxas controlaban a situación. Ían ser estes últimos os que se ían a poñer por diante no minuto 34, despois dunha asistencia fantástica de Isma a Renato, con outro trallazo esta vez con perna dereita que era imposible de deter.
Os visitantes ían sacar porteiro xogador e con este ía producir o empate no minuto 37, asistindo a Dani Zurdo que metía un xenial gol cun disparo á escuadra. Isto non ía quedar así, pois os laranxas non baixaron os ánimos e na seguinte xogada, no minuto 38, Isma ía poñer aos mariñáns por diante. No último minuto o Xota ía cometer a última falta, e Wanderson anotaba o definitivo 3-5 de dobre penalti.
Ficha técnica
Osasuna Magna Xota: Asier,Fabinho ,Dani , Jhonatan y Toni -Cinco Inicial- Josu, R. Rocha, R. Martil, Juninho, Ion, Aitor y Neno.
Pescados Rubén Burela: Kaluza, Isma, Lucho, Renato, Rikelme –cinco inicial- , David Pazos, Iago Míguez, Pitero, Wanderson, Nito, Quintela y Edu
Goles: Min 11 0-1 Renato; Min 20 Iago Míguez 0-2; Min 24 Fabinho 1 -2; Min 27 Linares 2-2; Min 34 Renato 3-2; Min 37 Dani Zurdo 3-3; Min 38 Isma 4-3; Min 39 Wanderson 3-5.
Árbitros: Abdulay Ndoho, Santander Flamarique: Cartón amarelo a Neno do Xota, Isma do Burela.o
Incidencias: Partido correspondente a la jornada 27ª de Primera División RFEF. Disputado no pabellón Pavillón Anaitasuna.