Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén Burela cae 3-2 fronte ao Roldán

Burela, 22 de maio, 2022. O Pescados Rubén Burela presentábase neste partido complicado como visitante, perdendo 3-2 fronte ao Roldán, rival que necesitaba moito os tres puntos para seguir na loita do play off vivo. Foi un partido moi disputado, pois o conxunto murciano sempre compite no nivel máis alto e as laranxas tentárono ata o último suspiro.

Nos primeiros dez minutos no Gabriel Pérez Sánchez o Burela estaba a controlar o balón, cun Roldán plantado atrás. Con todo, a primeira oportunidade clara ía ter o conxunto Murciano, cun disparo que fai invervenir a Sandra. Nun partido no que faltaba precisión, o Roldán aproveitaba contragolpes para chegar ao área pero sen perigo. Doutra banda ás laranxas custáballes chegar con claridade á meta contraria.

Pasado o primeiro ecuador do partido, cando mellor estaba a combinar o Burela con algún intento por parte de Jenny para anotar, na xogada seguinte o Roldán ía poñerse por diante no minuto 12, despois de executar unha xogada ensaiada de falta acaba por Noelia Montoro.

A partir dese momento as locais subiron a presión, e ao Burela custáballe máis circular o Balón, pero ían ter unha ocasión clara para empatar de Ale de Paz cun balón ao pau. Minutos despois o Roldán contestaba con outro disparo ao traveseiro. Nos últimos minutos da primeira parte, o Burela puido empatar cun balón que Emilly non puido meter na portería rival e fóiselle arriba o remate. Con isto finalizaría a primeira parte.
A segunda parte empezaba co Burela con intencións de igualar o resultado. Tivo un disparo de Jenny que por pouco non entra, acabando no lateral da portería. Era un partido con moita presión de ambos os equipos, e polo tanto moitas imprecisións. Durante os primeiros 10 minutos da segunda parte o Burela estaba a xogar mellor, estando preto da área do Roldán, pero no seu mellor momento ía chegar o 2-0 nun contragolpe que Andrea termina cun bo disparo cruzado.

No últimos seis minutos o Burela ía sacar xogo de cinco, tentando reducir distancias. Non se ía a producir ese feito ata o minuto 37 cun dereitazo de Ale de Paz para poñer o 2-1. A partir deste intre o partido tornaríase de locura, pois na xogada seguinte anotaba Ángela o Terceiro para o Roldán, e segundo sacaba de centro o conxunto laranxa volvía reducir distancias anotando o segundo Irene Samper no 38.

O último minuto de xogo foi de infarto, Bea Mateos puido anotar o empate nos derradeiros segundos, con todo o Roldán ía acabar defendendo o resultado de 3-2 e levándose os tres puntos, cunhas guerreiras que o tentaron ata o final.

Ficha técnica
Pescados Rubén Burela: Sandra Buzón, Dany, Jenny, Ale de Paz y Emilly -Cinco Inicial- Elenita, Bea Mateos Irene Samper, Elena Aragón, M.Cortés, y Jozi
STV Roldán: Cristina, Mayte, Patricia, Alba Gandía, Marian -cinco inicial-, Ángela, Carmen, Laura, Clara, Toñi, Andrea, Consuelo, Noelia y Almudena.
Goles: Min 12 Noelia Montoro 1-0, Min 31 Andrea 2-0; Min 37 Ale de Paz 2-1; Min 37 Ángela 3-1; Min 38 Irene Samper 3-2.
Equipo arbitral: Andreo Martinez, Javier- Reig Miralles, Cristian – Julia Angels Cárceles Roca, Adrián : Amarilla a Elena Aragón del Burela, Marian y Laura del Roldán. Roja para Toñi del Roldán Amarilla a Jenny del Burela, Marian y Laura del Roldán. Roja para Toñi del Roldán
Incidencias: Partido correspondente á xornada 27 de Primeira División RFEF Futsal Femenina, disputado no P.M Gabriel Pérez Sánchez.

Exit mobile version