Site icon Crónica3.com A Mariña

O Ministerio dá tralsado a Desarrollos del Malache S.L.U. da documentación da fase de consultas previas de evaluación ambiental da central hidroeléctrica reversible do Xistral

O Valadouro, 18 de mairo, 2022. Onte, 17 de maio, o ministerio deu traslado da documentación recabada nesta fase de consultas previas á empresa promotora.

Chegados a este punto, a empresa promotora tería que correxir o proxecto tendo en conta todo o aportado ou desistir do mesmo.

Segundo a información da que dispón a Plataforma, entendemos que é moi difícil que este proxecto, ou outro similar, sexa viable.

Agardamos nos próximos días resposta da empresa promotora e comunicación oficial de que este proxecto finalmente non sei vai levar a cabo, xa que como ben dixo o seu representante publicamente, independentemente dos informes, nunca iría en contra da veciñanza.

E como xa quedou demostrado na manifestación do pasado trece de marzo, a veciñanza non quere a Central Hidroeléctrica Reversible do Xistral.

De tódolos xeitos, dende a Plataforma seguimos alerta de calquer movemento que poida sucederse a partires de agora.

Exit mobile version