O Valadouro, 18 de mairo, 2022. Onte, 17 de maio, o ministerio deu traslado da documentación recabada nesta fase de consultas previas á empresa promotora.
Chegados a este punto, a empresa promotora tería que correxir o proxecto tendo en conta todo o aportado ou desistir do mesmo.
Segundo a información da que dispón a Plataforma, entendemos que é moi difícil que este proxecto, ou outro similar, sexa viable.
Agardamos nos próximos días resposta da empresa promotora e comunicación oficial de que este proxecto finalmente non sei vai levar a cabo, xa que como ben dixo o seu representante publicamente, independentemente dos informes, nunca iría en contra da veciñanza.
E como xa quedou demostrado na manifestación do pasado trece de marzo, a veciñanza non quere a Central Hidroeléctrica Reversible do Xistral.
De tódolos xeitos, dende a Plataforma seguimos alerta de calquer movemento que poida sucederse a partires de agora.