A través dunha emenda do PPdeG, transaccionada na Comisión de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes do Parlamento de Galicia
Santiago, 27 de maio de 2022. A Comisión 7ª do Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha iniciativa transaccionada cunha emenda do Grupo Popular, na que se demanda á Consellería de Medio Rural a revisar a zona de concentración en proceso, chamada Zona Norte do concello de Mondoñedo, que abrangue as parroquias de Couboeira, Masma e Vilamor, e que acometa, ben de oficio ou a instancia dos novos propietarios, e en coordinación coa administración local, as obras de acondicionamento pendentes, necesarias para o acondicionamento de fincas e obras pendentes.
A voceira de Medio Rural, Elena Candia, criticou que o BNG pretendera paralizar coa súa iniciativa o proceso xa que “non entregar os títulos de propiedade sería unha medida prexudicial para a meirande parte dos 761 propietarios das 1.392 fincas de reemprazo con actividade agraria que xa acondicionaron as súas leiras”
Ademais, lamentou Elena Candia que o BNG “non tivera tempo de actualizar a súa reivindicación fechada en outubro do 2021 xa que en novembro dese ano xa foron entregados os títulos da parcelaria de Sasdónigas, e non houbo ningunha incidencia e cónstame que é unha parroquia que está profundamente agradecida e ten explotacións que están crecendo”.
No caso de Mondoñedo Norte déronse pasos importantes e é un erro pedir que paralice a entrega de títulos, “ ahí ao PPdeG non o vai a encontrar porque levamos traballando para que remate moitísimos anos” indicou Elena Candia e fixo referencia a incoherencia de que os gobernos nacionalistas, tanto a nivel local como na Xunta, non fixeran nada.
“Aceptar a emenda do Grupo Popular da unha mensaxe moi positiva de que impulsamos que se corrixan as deficiencias e errores, fundamentalmente tema orzamentario, nos que levamos traballando un tempo, e que se corrixan estas deficiencias pode ser compatible coa entrega de títulos”.