Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro fai un chamamento á responsabilidade cidadán para evitar o depósito de enseres no exterior do punto limpo

Viveiro, 31 de maio de 2022. O Concello de Viveiro apela á responsabilidade e conciencia medioambiental para evitar o depósito de enseres no exterior do punto limpo.

Os luns é frecuente atopar gran cantidade de lixo depositado no exterior do punto limpo, polo que se apela á responsabilidade de todos para evitar este tipo de condutas.

Neste sentido, lémbrase que o punto limpo permanece aberto de luns a sábado, en horario de mañá e tarde. Ademais, préstase un servizo de recollida de enseres a domicilio, tamén gratuíto, para o que é preciso anotarse previamente chamando ao concello.

Dende o concello faise un chamamento público á veciñanza para que actúe con responsabilidade e deixen de sucederse, dunha vez por todas, esas actitudes incivícas e irrespetuosas co medio ambiente. Advírtese, ademais, de que o concello xa adoptou as medidas oportunas para identificar ás persoas responsables destes actos.

Exit mobile version