O edil ribadense explicou que “hai uns días solicitamos unha axuda á Rede Natura para un proxecto de recuperación ambiental no entorno da ría de Ribadeo. Isto forma parte do proxecto Life que empezamos hai moitos anos para a recuperación medioambiental, co cal todo ese eucaliptal que rodeaba o entorno de A Vilavella e das Aceas converteuse nun paseo fermoso e que utiliza moitas persoas, incluso xente de fóra tamén”.
Díaz Freije sinalou que “adherímonos a unha subvención para dúas anualidades, 2022 e 2023, que comprende varias actuacións: retirada e control de especies exóticas invasoras, a adecuación e mantemento da senda peonil, a eliminación do lixo e de verteduras que poida haber e vanse instalar dous novos paneis informativos. Contará cun orzamento de 18.150 euros e a superficie de actuación é de 10 hectáreas”.
Ata a zona se desprazaron esta mañá o concelleiro de Medio Ambiente e o alcalde, Fernando Suárez.