“Incongruencias e contradiccións por parte de Loureiro, quen tacha de imposible para Viveiro o que é rutinario en calquera Concello” di Míriam Bermúdez, baseándose en que “logo de dicir que seria imposible xestionalo, Loureiro afirmou que iniciaran os trámites para que as instalacións do Templete pasen a ser titularidade municipal”, despois de pasar un ano desde que o BNG presentou a moción para solicitar a súa reapertura, a alcaldesa non quixo aclarar datas deste trámite.
A pesares do imposible que era esta moción do BNG para a alcaldesa, tamén alegou que iniciaran os trámites de cooperación coa Comunidade de Montes de San Roque para que os aseos situados no alto da montaña permanezcan abertos. Desde o BNG estaremos pendentes para que estas xestións vaian máis áxiles que as do Templete.
Antes da finalización do argumentario en contra dos aseos públicos, Loureiro negou as palabras de Míriam Bermúdez sobre que “as condicións de limpeza e salubridade das rúas do casco histórico en época festiva, a parte de insana, rozan o repulsivo”, para logo confirmar a alcaldesa que teñen que baldear e limpar as rúas de Viveiro en épocas festivas, improvisando a subsanación do problema sen artellar solucións para que non ocorra.
Míriam Bermúdez di que “é unha mágoa que lle dean tantas voltas a un asunto tan sinxelo para tentar desvirtuar unha proposta tan necesaria. Non votan a favor da proposta, por ir en contra do BNG, mais logo dunha forma ou outra afirmaron proceder cos trámites de cada un dos puntos da nosa moción.”