Viveiro, 2 de maio, 2022. A veciñanza do noso concello e en especial a que habita no casco histórico de Viveiro e Cantarrá, leva anos agardando por unha ordenanza que regule a contaminación acústica, en especial, desde que esta iniciativa do BNG foi aprobada no pleno de setembro de 2019. Unha ordenanza na que se limiten as actividades xeradoras de ruído nocturno e se declaren as rúas máis conflitivas “zona acústicamente saturada” para poder intervir na mellora da calidade acústica medioambiental das mesmas.
Tamén cabe destacar que en pleno 2022, Viveiro continúa sen unha “Ordenanza de tenza de animas” así como tampouco coa “Ordenanza de regulación de uso e aproveitamento das praias”, apesares de que os informes indican que en Viveiro hai máis de 3.000 mascotas. Estas ordenanzas, ben para os amantes das mascotas e ben para os que non gostan delas, permitirán regular a vida en común de animais e persoas, horarios e normas básicas de convivencia, o que en termos xerais é, unha regulación da que todxs se beneficiarían.
Por todo o exposto, rogamos ao equipo de goberno que decida darlle prioridade a estas ordenanzas e poñelas en vigor canto antes para así mellorar, na medida do posíbel, a calidade de vida da nosa veciñanza