As Chilindrinas son un snack feitas con Pescada do Pincho de Celeiro por Galipizza, o que fai deste produto algo novo e fresco.
Presentarase o venres 27 de maio. Ás 13:00 h terá lugar unha degustación gratuíta e a presentación das Chilindrinas ao público. Ás 21:30 h terá lugar a actuación de Kanike, e durante toda a noite terán lugar sorteos e agasallos coa intención de promocionar as Chilindrinas. Para dalas a coñecer realizarase unha promoción que consistirá nunha ración de Chilindrinas cunha Pepsi ou unha cervexa a tan só 5€.