As Chilindrinas son un snack feitas con Pescada do Pincho de Celeiro por Galipizza, o que fai deste produto algo novo e fresco.
Viveiro, 24 de maio, 2022. Chilindrinas é o nome do novo produto de Pescada do Pincho de Celeiro e Galipizza. É un snack feito con este peixe, o que fai que sexa un produto único e novo. Un produto que representa Viveiro, Celeiro e o mar. E que, ademais, busca manter ao máximo a calidade. Galipizza aposta por un dos seus referentes, a Pescada do pincho de Celeiro, dándolle unha imaxe nova e xuvenil.
Presentarase o venres 27 de maio. Ás 13:00 h terá lugar unha degustación gratuíta e a presentación das Chilindrinas ao público. Ás 21:30 h terá lugar a actuación de Kanike, e durante toda a noite terán lugar sorteos e agasallos coa intención de promocionar as Chilindrinas. Para dalas a coñecer realizarase unha promoción que consistirá nunha ración de Chilindrinas cunha Pepsi ou unha cervexa a tan só 5€.